Guía de Braga

 Guía de Braga

Documentación necesaria

A documentación necesaria para poder desenvolverte por Braga é a seguinte:

  • Documento de indentidade (cartão de cidadão): DNI ou pasaporte.
  • Tarxeta Sanitaria Europea (cartão sanitário europeu)
  • Certificado de residencia (certificado de morada): para rexistrarse no centro de saúde.
A documentación opcional sería a seguinte:
  • Tarxeta de débito/crédito: para poder retirar cartos e pagar nas tendas sen comisión.
  • Carta verde do seguro do coche: no caso de levalo.
  • Carné xove (cartão jovem): ofrece descontos en transporte, lugares e visitas a museos.
Calquer cidadán que desexe ingresar en territorio nacional debe de ter un documento de identificación (BI / CC, DNI, pasaporte) e unha visa se ven de países sen acordo con Portugal, ou fora do espacio Schengen.

As visas poden ser para estancias cortas, estancias temporais ou para obter un permiso de residencia.

Se se quere ingresar a Portugal con mascotas e necesario traer un pasaporte (pasaporte PET da UE), un boleto sanitario actualizado e un libro de vacunación para o animal.

Sistema sanitario

A Tarxeta Sanitario Europea asegura a prestación de coidados de saúde no territorio europeo cando o beneficiario ou beneficiaria se aloxan temporalmente nun país da Unión Europea, do Espazo económico Europeo ou Suiza.

Se se precisa dunha consulta será necesario incribirse previamente no centro de saúde. Para iso é necesario un certificado (certificado de morada) no cal conste cal é a residencia en Braga.

No caso de ter unha emerxencia, pódese ir a un hospital e pagar 20€. A consulta no centro de saúde ten un coste de 5€ e a radiografía ou ecografía costa 3€.

En relación aos medicamentos, o mellor é levalos de España porque nas farmacias portuguesas non coinciden as marcas.

Viaxar dende Santiago de Compostela

...


Aloxamento

Existen moitas aplicacións e páxinas web onde atopar unha pensión: Booking, hoteles.com, Trivago, Kayak, etc.

Residencial Avenida: hotel básico e barato con "pequeno-almoço" e céntrico, perto do AE Carlos Amarante e da alameda.

Se se quere atopar un apartamento para compartir, débese buscar directamente. É moi reocmendable achegarse ata Braga uns días antes para buscar aloxamento in situ.

https://pousadasjuventude.pt/pt/pousadas/braga

Transporte

En Braga hai autobuses urbanos aínda que non fan moita falta. No Braga Shopping hai unha parada de taxis e a 15 minutos unha estación de tren.

O servizo de autobuses é moi bo e tamén é recomendable o uso de Uber.

Cultura

Os principais monumentos de Braga son as igrexas e as catedráis construídas durante a Alta Idade Media. Dende o punto de vista turístico a parte histórica da cidade sitúase o parque os Jardines de Santa Bárbara. É un parque espacioso con avenidas sombreadas e árbores centenarios que permite afastarse da axitación da gran cidade e rodearse de natureza.

No centro do parque atópase a Catedral, edificio de estilo románico construído no século XI. Paseando polo parque podese atopar outro monumento, o palacio do Arzobispo, un conxunto arquitectónico que consta de tres construccións pertencentes a distintos períodos pero que armonizan dentro do conxunto do palacio. A construcción máis vella é o á oriental, de estilo gótico. O á central e occidental son de estilo barroco.

Catedral de Braga

Dentro do palacio está a biblioteca máis vella de Braga, con manuscritos antigos, documentos históricos importantes e libros centenarios. Outros monumentos relixiosos que merecen a atención do viaxeiro son as igrexas Misericordia, Santa Cruz e Sao Joao de Souto, construídas entres os séculos XVI e XVIII.

Na rexión suburbana de Braga atopamos a igrexia de Cristo sobre el Golgota. Para chegar ata a igrexia e necesario superar unha escaleira longa e zigzagueante o longo da cal se sitúan numerosos monumentos, estatuas e pequenas capelas.

Moi coñecido é o museo Piya XII que contén unha rica colección de achados arqueolóxicos e obxetos de arte. Tamén é interesante visitar o museo Noguera Da Silva, chamado así polo nome do coñecido empresario da cidade de Braga. Ten unha rica colección de cadros antigos, esculturas, fermosos mobles e outros obxetos antigos.

Museo Piya XII

A Praça da República es un bo lugar para pasear, coa abundante vexetación, as fermosas fontes, tendas e restaurantes que ten ó arredor. Aquí podémonos atopar co Monumento ao Papa João Paulo II, un dos máis populares da historia. Outro edificio interesante é Coreto da Avenida, polo que hai que pasar. O outro lado de este edificio atópase o Castelo de Braga, máis exactamente só unha parte preservada, a Torre de Menagem. A praza é un lugar onde se fan festivales e celebracións populares.

Outra rúa para pasear e a Rua do Souto. É a principal rúa comercial do centro histórico da cidade. Pódese disfrutar dunhas magníficas vistas, degustar unha sabrosa comida nalgún dos seus restaurantese disfrutar das visitas turísticas. É moi recomendable visitar o Bom Jesus do Monte. Pódese subir no funicular o polas escaleiras para disfrutar da beleza do edificio e o monte Espinho. É un lugar cunha atmósfera mística.

Santuario do Bom Jesus do Monte

En Braga atopamos fontes particularmente impresionantes. Por exemplo, a Fonte do Campo das Hortas, construída orixinalmente no século XVI, pero instalada no Campo das Hortas en 1914, con estilo barroco. Outra é a Fonte do Ídolo, que está na parte histórica da cidade, na Rúa do Raio. Destaca que se atope en mellores condicións que o resto de monumentos históricos. Se cree que a súa construcción remóntase o século  I d. C., durante o reinado do emperador Augusto.

Tamén hai outros monumentos do período antigo conservados, como as Termas Romanas de Maximinos, ruinas arqueolóxicas atopadas no ano 1977. Cerca atópase o Museo Arqueológico, onde se gardan os principais achados arqueolóxicos. Tamén merece a pena visitar o Puente del Prado, edificio construído no século XVI no lugar onde se atopaba unha ponte romana. A ponte e fascinante, non só pola súa fermosas apariencia, senon porque todavía está en funcionamento.

Termas Romanas de Maximinos


Comercio

En Braga, hai moitas rúas comerciais concorridas e grandes complexos comerciais. Entre estes últimos, destaca o Shopping Braga Parque. Neste centro comercial grande e bellamente deseñado, pode elixir produtos para todos os gustos. Hai tendas de roupa de diversas tendencias estilísticas e categorías de prezos, así como departamentos de xoiería e tendas de reloxos. 

Shopping Braga Parque

Non menos atractivo é o centro comercial Nova Arcada complex, onde podese buscar ropa nova e bonitos accesorios para o fogar. Ten unha gran tenda de Ikea onde se poden atopar artículos de calidade para o fogar a bos precios. Este centro foi inaugurado fai só uns anos. Nos fins de semana no hai moita xente , o que fai que as compras sexan máis cómodas.

Nova Arcada Complex

Moi interesante son os pavillóns comerciais que ofrecen artigos para o fogar , están cheos de recordos curiosos. Unha adición agradable ás compras será unha serie de acolledores cafés e restaurantes.

A tenda By Heart é claramente unha das máis orixinales de Braga. Esta tenda está destinada exclusivamente a mulleres. Ofrece fermosos recordos románticos feitos a man.

Igualmente atractiva é a tenda de Loja do Cabaz. Ofrece os seus clientes agasallos exclusivos e recordos feitos a man. Tódolos productos presentados na tenda están feitos de materiais naturais.

Tampouco podemos ignorar Minho Center. Conta cunha gran variedade de tendas que ofrecen roupa de calidade para descanso e deportes. Neste centro hai unha gran tenda de produtos electrónicos e unha zona de restaurantes. Cerca de alí hai otros centros grandes que venden sementes e plantas de varias flores culturais.

Polas rúas históricas de Braga pódese visitar a tenda de recordos P'ra Ti Portugal Cultura, que é unha das mellores da cidade. Nesta tenda pódese atopar agasallos para todos. A gama de produtos actualizase periódicamente.

Rúa da Porta Nova
Un dos lugares para os amantes das compras é a pintoresca e histórica Rúa da Porta Nova. Os fermosos edificios antigos albergan tendas de agasallos encantadoras, roupa de diseño e tendas gastronómicas.

Para os amantes das marcas o popular centro comercial Alameda ogrece gran variedade de prefumes e accesorios de moda das últimas coleccións e atractivos descontos.

No centro comercial Granjinhos hai tendas luxosas de roupa interior, cosméticos e perfumería, e unha boa selección de tendas de roupa para tódolos gustos. Tamén ten restaurantes a conta cunha terraza panorámica.

Gastronomía

A comida da cociña típica vai ser do agrado dos aficionados ó marisco e os pratos picantes. A cociña clásica portuguesa é a máis extendida en Braga, sendo os mariscos a base do menú dos restaurantes de cociña rexional. A maioría dos restaurantes fan uso de ingredientes de orixen local. Algúns restaurantes incluso teñen o seu propio xardín onde cultivan verduras de temporada. 

A maior parte dos pratos de pescado populares inclúen bacallau e pódese atopar cociñado de moitas formas, guisado con frijoles e varios vexetais, e tamén é un popular rechéo para pasteis.

Bacalhau à Brás

Como primeiro prato salientar a famosa sopa de puré Caldo Verde, sendo a col o ingrediente principal. Moitos restaurantes ofrecen sopas de puré de pescado.

A carne e tamén popular na cociña rexional e a Feijoada segue sendo un dos pratos nacionais máis populares. Contén diferentes tipos de carne con salchicha e frijoles sendo ingredientes obrigatorios. Cada restaurante de Braga ofrece a Feijoada segundo a sua propia receito.

Feijoada

A salchicha Alheira de Mirandela é unha comida interesante e antiga. Pode contar diferentes tipos de carnes excepto a de cerdo. Pénsase que foi inventada polos xudíos cando trataban de escapar da Inquisición.

Alheira

É moi popular o restaurante Inacio que ofrece unha grande cantidade de pratos a prezos populares. As racións son bastante grandes, polo que moita xente pide un prato para dous. 

Outro local moi acolledor é Pedra Furada, que ofrece moi bos pratos de cociña caseira. Os seus fundadores son campesiños, polo que na elaboración dos pratos empréganse ingredientes frescos.

A base do restaurante Brito's compóñese a base de pratos preparados no grill. Os pratos de carne veñen acompañados de guarnicións de hortalizas e ensaladas quentes, e os aficionados ao marisco poden encargar pescado rechéo ou o surtido do mar.

A beira do lago, no parque atópase o restaurante Montecristo, que non deixa de abraiar os visitantes con orixinales pratos de autor.

No restaurante Mammamia atopámonos con pizza italiana e risotto. Tódolos pratos prepáranse conforme ás recetas clásicas, convertíndose a cena neste restaurante nunha viaxe italiana inolvidable.

Ocio e deportes

Braga ofrece actividades ao aire libre na natureza como o barranquismo, ofrecido pola empresa Toboga. É unha actividade disfrutada tanto pola xente local como polos viaxeiros. Tamén son interesantes os tours organizados por NorthScape, Minho Free Walking Tours, Adventours, que ten unha extensa oferta cultural disfrutando de Braga e arredores.

Hai a opción de alugar unha bicicleta en Go By Bike para poder explorar os sitios de interés da cidade. Por outra banda, para xogar os bolos a xente visita Bowling House Fun & Coffee, e para botar unha partida ao billar van a Bracara - Academia de Bilhar. Soccer Space ofrece un pasatempo bastante particular, xogando ao fútbol de burbullas, unha experiencia inolvidable e moi positiva.

Para manter a figura temos instalacións como Solinca Braga, Fitness Hut, Fitness Club Braga e o Holmes Place Braga. Para os xogadores de fútbol hai unha versión mini deste deporte no Complexo Desportivo da Universidade do Minho. En Akua Fit pódese facer exercicio na auga e nadar na piscina.

Braga ofrece unhas impresionantes vistas e nos arredores hai moito que ver. O Miradouro do Picoto ten as mellores vistas da cidade. O único malo son os fortes e frios ventos que sopran.

Miradoiro do Picoto

Outro dos sitios para visitar é a Ponte do Prado, construída no século XVI no sitio dunha antiga ponte romana. Outros lugares para visitar son o Xardín de Santa Bárbara, o Parque de Sao Joao da Ponte e o xardín da Casa dos Biscainhos.

En canto a institucións culturais temos o Mosteiro de São Martinho de Tibães, se se ten interese na historia da igrexa e a vida monástica. O Museo dos Biscainhos mostra a vida dos nobres doutras épocas. Outra estructura relixiosa é o Museo PIO XII coa colección de Enrico Medina. 

Para os interesados en arqueoloxía está o Museo D. Diogo de Sousa e os que prefiran arte teñen a Casa de Coimbra, a Galería Mario Sequeira, o Museo Nogueira da Silva ou o Museo del Traje Dr. Gonçalo Sampaio.

Museo D. Diogo de Sousa

Cando se pon o sol hai moitos lugares nos que divertirse pola noite, para os que gustan da festa está SETRA Urban & Cocktail Bar, aqueles que queren un ambiente mais inconformistas disfrutaran de Juno. Para disfrutar dun café o aire libre temos o Estúdio 22.

Emprego

https://workinbraga.com/

 

Comentarios