Viana do Castelo

Aloxamento

Existen moitas aplicacións e páxinas web onde atopar aloxamento: Booking, hoteles.com, Trivago, Kayak, Airbnb, Erasmusu, Bquarto, etc. Ademais,

Tamén temos que ter en conta a forma na cal se busca un aloxamento:

  • Se queremos un estudio, temos que buscar un T0.
  • Se queremos un apartamento, temos que buscar un T1.

O máis recomendable á hora de buscar aloxamento é buscar piso canto antes, aínda que non se teña o destino completamente confirmado. Búscanse catro ou cinco opcións e falar cos donos para reservar a habitación. Non adoitan cobrar un adianto e afórrase moito esforzo ao non ter que buscar na última hora e quedar cun mal piso. Tamén é recomendable ir só cando se vaia buscar piso, xa que se volve máis fácil atopar un.

Unha boa zona para aloxarse en Viana do Castelo é Darque. É unha zona residencial ao sur do río Lima, a uns cinco minutos de Viana en coche. É un lugar moi tranquilo con supermercados e restaurantes a menos de 500 metros. Tamén dispón de autobuses a Viana de ida e volta con moita frecuencia, sendo máis barato que aloxarse no propio centro.


Transporte

En Viana do Castelo hai autobuses urbanos, aínda que non son moi necesarios. No Vianna Shopping hai unha estación de buses e de tren, a cal dá acceso a practicamente calquera lugar de Portugal. Dispoñendo de DNI (de calquera nacionalidade) e sendo menor de 25 anos aplícanse grandes descontos.


Información sobre a cidade

Pendente de redactar.


Lugares para visitar 

Son varios os lugares que podemos visitar en Viana do Castelo, onde cada un ten as súas particulares belezas. Os lugares máis interesantes a visitar son:

  • O porto que está polo centro.
  • A igrexa de Santa Luzia. Pódese subir en teleférico.
  • O barco-hospital Gil Eannes.
  • A biblioteca municipal.
  • A praia de Darque: pódese ir nunha lanchiña que funciona como autobús.

 

Cultura

Aínda que están constantemente realizando actividades na cidade e é aconsellable investigar cales son, hai dous eventos culturais interesantes aos cales asistir:

  • Feira mediavel: celébrase en xuño.
  • Feira das flores: realízase a finais de maio.

 

Comercio

Vianna do Castelo conta coa Estação Viana Shopping, centro comercial que pon á disposición multitude de tendas onde se pode atopar case de todo. Tamén hai Lidl, Froiz e algúns Continentes.

 

Gastronomía

Pendente de redactar.

 

Ocio

Pendente de redactar.

 

Deporte 

Hai varios ximnasios na cidade, pero un dos mellores é o Fitness Up. Dispón de boas vistas e bos prezos.

Consellos útiles

Levar calzado de deporte, pois é posible recorrer toda a cidade a pé en pouco tempo e visitar varios sitios.

Non facerlle moito caso aos mapas, xa que a cidade está a ser remodelada e ten moitos atallos por todos os sitios.


Experiencias dos estudantes na cidade e nas empresas

Pendente de completar.