Covilhã

Aloxamento

Existen moitas aplicacións e páxinas web onde atopar aloxamento: Booking, hoteles.com, Trivago, KayakAirbnbErasmusuBquarto, etc. Ademais,

  • É posible atopar cuartos baratos no UBI Hostel, a poucos minutos do Mercado Municipal e da UBI (University of Beira Interior).
  • Outra opción temporal poder ser o Abrigo da Estrela, tamén no centro da cidade.
  • Para alugar casa, con tempo, pódese contactar coa empresa Casas Covilhã, a cal ten unha selección de casas bastante céntricas.


Transporte

Covilhã é pequeno e pódese chegar andando a moitos lugares.

Existe a posibilidade de alugar unha bicicleta.

Para desprazamentos máis longos temos a opción do autobús e do coche. 


Información sobre a cidade

Pendente de completar.


Lugares para visitar 

Son varios os lugares que podemos visitar en Covilhã, onde cada un ten as súas particulares belezas. Os lugares máis interesantes a visitar son:

  • Museu da Arte Sacra: conta cunha improtante colección que retrata moi ben o que é a relixión. 
  • Museu de Lanifícios - Real Fábrica Veiga.
  • Museu do Queixo.
  • Artbarô: lugar que non conseguimos visitar, pero que recomendamos.
  • Terminal Rodaviário da Covilhã: para viaxar a algún lado en autobús.
  • WoolFest: é un festiva de arte urbana de Covilhã. Moi recomendado pasear polas rúas para ver esas marabillas. Ver a galería 1 e a galería 2.
  • Serra da Estrela: é interesante visitar a Serra da Estrela polo lado de Covilhã, sobre todo a Senhora da Boa Estrela.
  • Recomendo preguntar a xente do traballo, donde é o Pozo Amarelo, que é un rio bastante bo para pasar os fins de semana de calor.
  • A uns 20 minutos en coche está Belmonte, onde recomendamos visitar o castelo e o museo de judería. No primeiro sitio que se visita dan un bono para poder visitar os outros centros culturais.

 

By:Cristian Sóñora Sánchez
By:Cristian Sóñora Sánchez


Cultura

Entre o 28 e 30 de xuño hai un mercado encantado nunha aldea na montaña de Covilhã. Xúntanse todos os que viven nesa aldea e os mercaderes instalan os seus postos, ademais hai casas embruxadas. É un especátulo de terror nunha fábrica abandonada. Trátase dun paseo cun guía que che conta unha historia e actores asustándoche polo camiño.

No mes de debembro hai actividades de nadal na praza do concello.

Hai unha subida á serra que se chama Rampa da Serra da Estrela a última fin de semana de maio, na cal corren pilotos importantes. Pechan as estradas moi cedo e queda o paso cortado á Serra ata a tarde. Recoméndase ir cedo.

Ás veces a Universidade da Beira organiza eventos.

 

Comercio

Covilhã é unha cidade non moi grande, pero ten varios centros comerciais e moitas tendas ao longo de toda a cidade. Non che faltará de nada.

Mencionar o supermercado Rei dos preços, bastante céntrilo e con bos prezos.

Un dos mellores sitios para comprar electrónica, tanto de primeira man como de segunda man é unha tenda chamada ClickMed. Tamén teñen servizo de reparacións.

En Covilhã dispós tamén do Mercado da Praça, onde se vende froita fesca e diversos produtos.

 

Gastronomía

Algúns lugares para desfrutar da gastronomía de Covilhã son:

  • O restaurante Francesinhas & Companhia.
  • A Taberna da Laranjinha na Rúa Primeiro de Dezembro. De menú teñen bacallau, ensalada de perdiz, carne de cordeiro, ovos revoltos ou sopa.
  • Tasca 77 na Rúa Primeiro de Dezembro. As racións son moi abundantes e moi ricas.
  • Pastelaría Letimel: un bo lugar para almorzar e xantar a un prezo moi accesible.
  • Jardim do Lago.
  • Restaurante O Serrano.
  • Restaurante Montiel.
  • Restaurante Serra Nevada, bifana tradicional con mahonesa e
  • mostaza.
  • Hamburgueseria Beira, hamburguesas moi ricas.
  • Bar Os Leões, é un bar de estudantes universitarios, económico.
  • Cerca do centro civico, que é donde se atopan as tendas, temos varias cafeterias como a Estrela Nevada, donde tes bolleria e bocadillos a levar, eu recomendo a bifanha tradicional, que é un bocadillo de carne moi bo e só custa 3 euros.
  • Restaurante buffet chinés onde podes desfrutar das vistas, ten unha terraza moi boa.
  • Hai un servizo de reparto de comida/obxectos de tenda, que é como Glovo, chamado  Thexicos, que reparte casi todo o que poidas necesitar, e perto en Tortosendo.

 

Ocio

Pendente.

 

Deporte 

Existen algúns xinmasios na cidade. Normalmente son caros aínda que se ofertan descontos a Erasmus. 

Covilhã dispón de piscina climatizada e unha praia-piscina de 1800 metros cadrados. Ademais, ao ser unha cidade de montaña, pódese desfrutar de deportes típicos de montaña como a escalada de montaña ou sendeirismo pola Serra da Estrela. Hai unha pista de esquí no alto da Serra á que se chega en media hora en coche.

Hai un circuito de karts bastante barato onde podes pasar unha boa tarde.


Consellos útiles

  • No caso de viaxar en coche, enche o depósito na fronteira xa que en Portugal é bastante máis caro. 
  • As rutas de Google Maps non inclúen ascensores públicos, polo que poden non ser moi fiables.
  • É recomendado andar con coidado co coche na rúa, xa que algunhas zonas son moi estreitas.


Experiencias dos estudantes na cidade e nas empresas

Pendente de completar.