Viaxar desde Compostela
En avión, con Aerlingus. Hai moi bos prezos desde Alicante con Ryanair ou Aerlingus.
Tamén hai voos de Ryanair de Santiago a Dublín.
Unha opción son os voos desde Oporto. Hai flixbus desde Santiago que te leva directamente ao aeroporto, aínda que tarda bastante tempo. flixbus.es
Aloxamento
Meterte en grupos de Españoles en Dublín en Facebook e preguntar... pero se te rodeas de españois non vas practicar inglés.
Dublín é caro. Alugar unha habitación é case imposible por menos de 700€. Tes que ter paciencia mentres buscas porque non hai demasiados sitios bos.
Son recomendables as Host Families.
No caso de que optes por aloxarte nun hostel mentres buscas aloxamento, recomendámosche HostelWorld.
Facer unha visita para ver o sitio é case obrigatorio. O mellor é chamar por teléfono e ver o aloxamento antes de contratalo, xa que podes atoparte cunha habitación inhabitable. Non é habitual que respondan aos correos electrónicos.
Host family
Normalmente son xente acostumada a recibir estudantes estranxeiros e poden axudarche a resolver calquera dúbida ou problema que teñas. Cada host family ten as súas normas, as cales é recomendable coñecer antes de escollela.
Outra cousa a ter en conta é o prezo. Na páxina Homestay pagas un adianto se é unha semana. É algo simbólico, pero se reservas dous meses ou tres, a cifra "simbólica" pode ascender a 400€. O que podes facer para evitar isto, é reservar para unha semana e, cando teñas confianza coa familia, dislle que queres quedar máis tempo, pero sen reservar pola páxina, onde estarías pagando 400€ de máis polo mesmo aloxamento.
Outras webs que che poden ser de interese para buscar un host family:
Hostel de longa duración
Se decides adquirir un hostel, unha habitación individual con baño podíache costar uns 140€ por semana. A limpeza da habitación vai incluída, pero non é diaria. Unha habitación dobre pode andar sobre 180€ á semana (90€ por persoa).
Un problema de aloxarse nun hostel é que, se desexas aforrar facendo a túa propia comida, hai cociña común e tamén che deixan unha parte da neveira para gardar cousas, pero hai que escondelas porque hai xente que rouba.
Habitación compartida en piso
Non é nada fácil atopar unha habitación, pero se isto o que estás buscando, o máis recomendable é coller un hostel a primeira semana para buscar piso compartido ou habitación. Tes que dedicarlle, polo menos, entre 6 e 8 horas ao día durante unha semana para chamar e ver todo o que poidas.
É unha boa opción, aínda que non é moi realista para as poucas semanas que vas a quedar a facer as prácticas.
Páxinas web nas cales busca habitación a gran parte da xente, son as seguintes:
Á hora de buscar habitación, recoméndase paciencia: podes pasar buscando máis de dúas semanas unha habitación. O que debes facer é chamar a todos os números e evitar os correos, xa que a tasa de resposta vai ser moi baixa. Realizando chamadas, podes ir ver un piso xa no mesmo día.
Aínda que no anuncio indique un período de, polo menos, 6 meses, podes chamar igual para velo e, posteriormente, comentarlle a situación.
Páxinas web para buscar habitación compartida:
Residencia
Existen residencias polas que podes pagar por semana ou mes. Son bloques de edificios, pero todos da mesma residencia. Alúganse habitacións, as cales adoitan ter baño e salón e cociña compartidas.
Tardan meses en responder ás solicitudes. É moi complicado conseguir praza.
As residencias de Celtics Halls está repartidas por todas as zonas de Dublín. Por exemplo, cerca de Partnell St podes atopar un apartamentos de 4 persoas, 2 habitacións dobres e con facturas incluídas por 150€ á semana. Os apartamentos desta compañía non son apartamentos relativamente espaciosos.
Webs onde podes buscar residencia:
- Celtic Halls
- Hazel Wood Accommodation
- Dublin Student Accommodation
- International Student Accommodation (ISA)
- grabaGAFF
Nalgunhas páxinas dispós da opción de filtrar por prezo, tipo de aloxamento, zona, etc.
Transporte
Aeroporto de Dublín a Dublín cidade
Hai un bus que sae do aeroporto e que fai varias paradas (unha en O'Connell, centro de Dublín por onde pasan practicamente todos os buses públicos).
Desde o aeroporto de Dublín a Dublín 9-7, en taxi son uns 20€. Ata o centro pode que ande sobre os 25€. Hai unha tasa de 1€ por persoa adicional, é dicir, se van dúas persoas hai que engadirlle 1€; se van tres persoas, 2€; etc.
Autobuses urbanos
Os buses urbanos de Dublín en xeral están operativos 24 horas ao día. Os buses non dan cambio, así que soes ter que gardar as monedas de 1€ ou menos para pagar o bus. Se pagas de máis, danche un recibo que pon "debémosche tanto, vaite á oficina do centro a reclamalo". Mellor usar a Leap Card.
Para que un bus pare hai que levantar a man para que o conductor vexa que ten que facer a parada. Se esperades a que pare un bus, só o vai facer cando alguén queira baixar nesa parada.
Leap Card
Para calquera transporte urbano de Dublín ou arredores como LUAS (tranvía), DART (cercanías) ou bus pódese utilizar a mesma tarxeta: a Leap Card.
No aeroporto pódese comprar a Leap Card para usala xa na viaxe de alí ao centro de Dublín. Recomendable comprar unha con 10 euros para poder desplazarse mentres non se obtén a de estudante, que sae moito mellor de prezo.
A Leap Card é moi recomendable se va a utilizar o transporte público porque realizar unha recarga da tarxeta e vanche descontando cada vez que a utilizas. No bus só a pasas unha vez cando entras, pero no LUAS pásase antes de subir e tamén cando se baixa.
Coa Leap Card se fas unha viaxe as seguintes son gratis durante 90 minutos.
Os autobuses non son nada puntuais.
Un punto imporante é que se rexistre a Leap Card na súa páxina web para así coñecer en todo momento o saldo que se ten e, no caso de que se perda a tarxeta, poder recuperar o importe que tiña cargado. Tamén se pode solicitar unha Leap Card de estudante, a cal abarata as tarifas de transporte e ofrece a oportunidade de descontos en certas tendas. Nun prazo de 7 días débese pasar a recollela nunha oficina autorizada. Débese ensinar algún documento acreditativo de ser estudante (por exemplo, o convenio Erasmus+).
Hai tres versións da Leap Card: Adult, Young adult e Student. Os trámites para conseguir a "Young Adult" son máis simples ca para conseguir a de estudante.
Pódese recargar a Leap Card usando as máquinas das estacións do Dart ou usando a App no móbil.
Bicicleta
Outra opción de transporte dentro de Dublín é a bicicleta. Neste aspecto hai dúas opcións: comprala ou empregar Dublin Bikes.
Si se opta pola opción de mercar unha bicicleta, recoméndase que sexa de segunda man, xa que ao ser unha estadía moi curta non compensa unha nova. Pódese mercar moi ben de prezo a través do MarketPlace de Facebook ou adverts.ie. Tamén se poden comprar nas tendas de bicicletas que hai por Dublin. Débense evitar as tendas que están en zonas máis agochadas e as que se anuncian para estudantes xa que moitas veces son bicicletas roubadas e poden ser estafas. Hai que asegurarse de comprar un bo candado xa que é moi habitual o roubo de bicicletas.
A segunda opción é empregar o sistema de bicicletas públicas da cidade (Dublin Bikes). A subscripción anual é de 20€ e podes utilizar as bicis entre as 5:00h e as 00:30h. A primeira media hora é gratuíta, despois pagas arredor de 50 céntimos polas horas adicionais. Para empregar a media hora gratuíta non é necesario ter a subscripción e pódese coller unha bicicleta durante 30 minutos, deixala e coller outra diferente durante outros 30 minutos, sen custe. Dublin Bikes ofrece aplicacións para móbil que mostran a dispoñibilidade das bicicletas nas paradas próximas. Tamén podes buscar "dublin bikes" en Google Maps e dirache cantas bicicletas dispoñibles hai exactamente en cada estación.
Lugares para visitar
Na cidade de Dublín:
- Zona de Temple Bar. Es una zona de pubs, donde hay cervezas de sabores y música en directo. A mí me gusta el bar que te dije en Merchants Art, me parece el más chulo. Pero aquí también hay algunas cervecerías que son dignas de ver con varias plantas. Zona muy turística.
- Lifley river. A lo largo del río Liffey vas a tener distintos puentes. Hay uno de Calatrava, con forma de arpa. El puente más chulo es el Ha'penny, que había que pagar medio penique para pasar. Y justo ahí está uno de los pubs recomendados, donde además suele haber música en vivo.
- Jameson Distillery. Hay un hostel justo lado de la destilería (que forma parte de ella) y que tiene un bar muy chulo con techos altísimos. Antes daban una caja de patatas por 2€ pero un día recortaron y te daban solo un platito. Antes molaban. El hostel se llama Generator Dublin. Y se puede entrar sin problemas.
- O'Conell Street. Es la entrada a Dublin 1. La parte más turística es Dublin 2. El río divide ambas partes, así sabemos donde estamos en cada momento. Es una de las calles de compras.
- The Brazen Head. Este pub abrió en 1198. Es el más antiguo de Dublin. Puedes ir a tomar algo y decir que has estado en un bar del siglo XI. Estos son los más antiguos: The oldest bars in Dublin are The Brazen Head (1198), The Stag’s Head (1770), The Old Stand (1770 – 1810), Kehoe’s (1803) and Toner’s (1818).
- Trinity College. Non deixar de ver a Bola Pomodoro. Biblioteca moi bonita.
- St. Stephens Green. Es un parque céntrico. Está bien para atravesarlo dando una vuelta. La zona es chula. Dublin 2. Donde todo el mundo querría vivir.
- https://kilmainhamgaolmuseum.ie/
- Phoenix Park. Hai cervos e gústanlle as cenorias.
- Kilmainham Gaol. Antiga prisión moi chula. Ollo que se agotan as entradas.
- Wax Museum.
Nos arredores de Dublín:
- Howth. Pobo mariñeiro ao que se chega no cercanías desde Dublín. Rutas para camiñar.
- Malahide. Tamén accesible no cercanías. Castillo precioso.
- Killiney: Zona tranquila para pasear e con boas vistas de Dublín.
Hai moitos lugares recomendables para visitar en Irlanda, tanto na República como na rexión norte que forma parte do Reino Unido. O tranporte público é como en Galicia, polo que o máis recomentable moitas veces é alquilar un coche.
Algúns destes lugares son:
- Anillo de Kerry.
- Giant's Coastway. Ao longo de toda a costa norte de Irlanda atopamos unha costa singular e maravillosa que nos sorprenderá. Rutas ao longo da costa para os que lles guste camiñar.
- Glenveagh national park, en Donegal, menos turístico pero co mesmo encanto ca os outros lugares desta lista.
- Connemara National Park.
Curiosidades
- Molly Malone Sobre Molly Malone: Es una pescadera que era guapa y vendía mejillones frescos pero murió de unas fiebres. Lo dice su canción que es como el Miudiño nuestro: https://www.youtube.com/watch?v=wjjh5EmkKCA (The Dubliners - Molly Malone)
- Estatua de Oscar Wilde Está en Merrion Square.
- Catedral, Castillo, Etc.
- Estatua de Thin Lizzy. Pues hay la estatua de este rockero por allí. https://goo.gl/maps/8Xrxe9QTqNPvGsrU7 Tiene una versión muy chula del Whisky in the Jar. https://www.youtube.com/watch?v=6WDSY8Kaf6o Si Molly Malone era nuestro Miudiño, el Whisky in The Jar es nuestra Rianxeira. Un temazo que hasta versiona Metallica: Metallica: https://www.youtube.com/watch?v=wsrvmNtWU4E Pero vamos, también la tienes en plan folclórico de los Dubliners. https://www.youtube.com/watch?v=hlWTASnnft4
Comercio
Gastronomía
Unha comida especial é o estofado de carne con cerveza Guiness. Polo demais non hai moita cultura culinaria. Viven rodeados de mar pero case non comen peixe, salvo o "fish and chips".
Á hora de comer fóra, hai varios sitios interesantes:
- Aobaba (Vietnamese)
- Lee Kee (Chinese)
- Sichuan Chili King (Chinese)
- Duck (Chinese)
- Hang Sun Asian market: está na rúa Great Strand. Ten a apariencia dunha tenda de comida china, pero se estras, ao fondo é un restaurante que en relación calidade-precio está moi ben. Cómese por 6-8 euros.
- Freshii: atópase no edificio CHQ. Por un prezo económico escolles unha ensalada e os engadidos que queiras. Teñen tanto ensaladas normais como noodles, arroz ou burritos.
- Bullet Duck & Dumplings.
- Ray´s Pizza.
- Pinnochio Italian Restaurant.
- Tamén recomendables bocadillos, froita e zumos en Marcs & Spencer.
Préto do río hai varios buffets libres por uns 10€ e os sitios de burritos tamén están moi ben. No resto de lugares hai que ter coidado porque, polo xeral, unha comida normal sae facilmente por uns 15€.
Ocio
Nos locais nocturnos poden pedirche o DNI, polo que é importante que vaias co DNI sempre que saias. Non se fixan nas apariencias, polo que dá igual que aparentes 15 ou 40. Para a persoa que controla o acceso ó local, o importante é o que pon no documento.
- Dicey's Garden Club: é unha discoteca moi recomendada polo seu ambiente e os seus prezos baixos: os martes ten as pintas a 2.50€. Antes das 21h, a entrada gratuíta; senón son 5€ (sen consumición). É un lugar ao que van moitos Erasmus.
- The Living Room: ten máis de 20 pantallas para ver deportes e televisan moitos partidos. Sempre hai bo ambiente.
- Howl at the Moon: ten boas ofertas todos os días da semana. Os mércores teñen pintas e copas a 2.50€ toda a noite. A entrada é gratuita antes das 21h.
- Mercantile Group: se prefires rodearte de xente española, é un pub frecuentado por xente de fala hispana.
- O'Reillys: atópase en Tara Streen. Ten boas ofertas e hai moitos universitarios. Poñen música rock e metal con entrada libre.
- River Bar: lugar moi concurrido con música comercial e latina.
- Wiley Fox: teñen xerras de cervexa por 9€, polo que a pinta sae a 3€ por cabeza.
- Merchant's Arch: Bar con concertos interesantes. Está enfrente do pub Ha'penny Bridge.
- Token: Con pinballs e máquinas Arcade. Pódese comer.
- South William area
- Pygmalion
- Grogans
- Library Bar (Central Hotel)
- Georges's street
- The Globe
- Izakaya
- Hogan's
- No Name Bar
- Harcourt street
- Sophie's (The Dean Hotel). Para copas e brunch.
- Camdem street
- Anseo
- Opium
- The bleeding Horse
- Rathmines
- The Blackbird
- Stella (cinema & coctails).
- Statterys Rib
- Ranelagh
- The Barge
- McSorley's
- The Brazen Head (close to Kinlay House).
Deporte
Pendente de completar.
Consellos útiles
No grupo Españoles en Irlanda (19000 membros) atoparás xente amable que realiza múltiples eventos e que sempre estará disposta a botarche unha man. As respostan habitúan a ser bastante rápido.
Tamén dispós do grupo Españoles en Dublín, Irlanda (25000 membros), no cal tamén che poderán axudar.
Hai máis grupos e páxinas de Facebook na cal atoparás máis información e consellos, mesmo para atopar aloxamento ou mercar unha bici de alguén que marcha.
Ollo cos Knackers / gipsys / travellers. En Dubín tienen una especie de gitanos o viajeros (travellers) un poco especiales. Les llaman despectivamente knackers que significa que eran los que retiraban los cadáveres de caballos. Son gente peligrosa para sí mismos y a veces para los demás.
Experiencias dos estudantes na cidade e nas empresas
- Estudante: Bernal Encisa