Viaxar desde Compostela
A maneira máis sinxela de viaxar desde Santiago de Compostela e coa compañia Vueling, pero hai que reservar o voo con tempo mínimo dun mes para que o prezo sexa asequible.
Para viaxar a Lecce as dúas mellores opcións de aeroporto son Bari e Brindisi. Normalmente os voos a Bari son máis baratos e hai máis, pero ao chegar tes que coller un bus/tren desde o aeroporto á estación central de trens e de alí un tren a Lecce, así que son dúas horas de viaxe a maiores e entre 16-30€ dependendo de se colles un tren de Trenitalia (os rexionais) ou un Frecciarossa/Flecciargento (que son máis caros pero máis rápidos xa que van directos)
Se voas a Brindisi o traxecto en tren é máis curto, sobre media hora. Hai un bus directo do aeroporto por un euro que che deixa xusto na estación e o tren son 3,10€ ou 16€ (neste caso hai moita diferenza de prezo entre trens entre rexionais e alta velocidade).
Aloxamento
O aloxamento a través dunha empresa intermediara adoita costar entre 250 e 350 € máis gastos.
Outro xeito e falando co ESN local, que é unha asociación de estudantes, para que che axudan; ou tamén podes ir ás propias universidades, onde hai nos taboleiros anuncios colgados de alugueiro de pisos e de habitacións...
Transporte
Os medio de transporte habituais son os patíns electricos e o bus. Pero se se vive pola zona centro pódese ir a todos os lados andando sen necesidade de empregar o transporte público.
Os autobuses urbanos adoitan ir bastante ben e ser puntuais. Cómprase nos estancos os billetes (6 billetes 5€ ou un 1€) e se tican en máquinas ao entrar no autobús. Tamén hai servizo de alugueiro de patinetes eléctricos e de bicicletas pola cidade.
Información sobre a cidade
Lecce é unha cidade pequena pero moi bonita. Pódese percorrer a pé. É bastante peonil.
A xente é incriblemente hospitalaria e fanche sentir como na casa.
Hai moito ambiente pola rúa as fins de semana con moita xente ceando, tomando algo nas terrazas ou simplemente paseando. En si é un sitio moi tranquilo e acolledor, moi parecido a Santiago. É moi bonita e barroca.
Lugares para visitar
Os lugares mais recomendados para visitar son:
- Piazza Duomo: É unha das prazas principais de Lecce e está en pleno centro. Nela atópanse situados o Duomo –que é a a Catedral–, o Episcopio e o Palacio do Seminario.
- Basílica dei Santa Croce: Este monumento empezou sendo un mosteiro no ano 1353 e un século máis tarde decidiron transfórmalo nunha Basílica para o que investiron a friorenta de 200 anos, terminando definitivamente no ano 1646.
- Porta Rudiae: É unha das portas de acceso a Lecce, data de inicios do século XVIII e foi deseñada e edificada por Próspero Lubelli. Puxéronlle ese nome debido a que está orientada cara á antiga cidade de Rudiae, como ves non se comeron demasiado a cabeza co nome.
- Porta Napoli: Pórtaa Napoli foi construída en 1548 por encargo dos habitantes da cidade en honra a Carlos V, o cal construíra as obras de fortificación en defensa. Bautizárona desta maneira porque era o lugar desde o cal se emprendeu o camiño consular para Nápoles.
Cultura
A cultura desta rexión de Plugia e Salento, dispón de costumes, un dialecto propio e unha forma de ser moi agradable e amigable. No tempo de estancia, téñennos convidado a comidas e aniversarios compañeiros da cidade.
Comercio
O comercio local dispón de gran variedade de alimentos e produtos tipicos da zona. O prezo non é esaxerado en comparación coas grandes cadeas.
Destaco tamén os dous mercadillos que hai, un todos os días pola mañá no centro (é pequeno) e outro os luns e os venres nos arredores do mercado bisettimanale onde podes comprar choios por ata 0,50
Tamén hai tendas de grandes compañías como Inditex, Tezenis, Decathlon, etc...
Gastronomía
No salgado: A calzone frita ao forno en postos de comida rapida xunto á pizza dobrada desde 2 euros.
Na comida mais elaborada pódese difrutar de pasta caseira e carne de cabalo e de tenreira e porco.
No doce : Ao ser o sur e facer máis calor de media durante todo o ano os postos de yogour e xeados mesturados con pistacho ,o cal tipicamente se mestura con case todo. Tamén as creeps, que son parecidas ás filloas mesturadas con doce.
Aparte da comida italiana, Lecce ten unha ampla tradición culinaria da que están moi orgullosos: o seu pasticciotto é sagrado para eles (un pastel recheo de crema), o rustico (coma unha empanadilla de mozzarella e tomate), as orecchiette (un tipo de pasta con forma de orellas), e poderiamos seguir ata o infinito.
Ocio
O lecer é bastante diverso dado que Lecce ten unha das universidades mais grandes en Plugia.
Polo que o lecer nocturno adoita ter boas festas para os Erasmus, e os pubs abren ata a 4 da noite.
O lecer pola tarde adoita ir orientado a ir ao centro historico ou ao centro comercial.
Tamén hai boleira, rocódromo e praia a 15 minutos en autobús.
Deporte
O deporte podese facer de xeito gratuíta no Parco Belloluengo, onde están dispoñibles barras para facer exercicios e espazo para correr. Tamén hai unha colonia felina nel.
O ximnasios de pago podense atopar desde 50 euros ao mes, e se a estancia é duns 6 meses a un ano o prezo é máis baixo se se paga todo o periodo de xeiro conxunto.
Consellos útiles
É mellor viaxar en época de verán para poder gozar das praias e alugar un coche para visitar todo o que quede preto.
Ainda que o idioma non é dificil, e bo ter coñecemento do italiano para poder relacionarse durante os primeiros meses.
Experiencias dos estudantes na cidade e nas empresas
- Estudantes Paula Hernández y Juan Elías Piñeiro
- Estudantes Paula Hernández y Juan Elías Piñeiro
Comentarios
Publicar un comentario