Lisboa

Introducción

Lisboa é unha gran cidade con cerca de 550.000 habitantes que para nos os galegos queda cerca para realizar un Erasmus+. Poderas decubrir a beleza da desembocadura do río Tejo, gastronomía e cultura nova, bos prezos, entre outras.

Necesitaras como documentos mínimos a tarxeta sanitaria europea, o teu dni e se levas o teu coche o teu carné de conducir.


Aloxamento

Unha opción é pedirlle axuda á empresa para atopar aloxamento cerca. 

Se prefires disfrutar de experiencia Erasmus+ e coñecer moita xente entón si que a busca de aloxamento por Internet é unha boa opción. A zona da Alameda ten moito ambiente e boas conexións de transporte público.

Existen moitas aplicacións e páxinas web onde atopar aloxamento: Booking, hoteles.com, Trivago, KayakAirbnbErasmusuBquarto, etc.

Pensións

Para os primeiros días recoméndase unha pensión mentres non se atopa unha habitación nun apartamento. Algunhas pesións ofrecen prezos máis reducidos se a duración da estancia é de longa duración.

Habitacións

As casas son vellas e o habitual é compartir piso con máis persoas. O prezo dunha habitación pode superar os 300€. É unha das mellores opcións se no mínimo a túa estadia vai durar 1-2 meses. A mellor páxina onde se encontra a maior selección de habitacións é Uniplaces. Nesta páxina podes encontrar unha gran variedade de habitacións, grandes e pequenas, para unha ou dúas persoas, de diferentes prezos... 

Un dos principais problemas de todo Portugal é que o aloxamento é caro, e nalgunhas ocasións a calidade non é moi boa. Se queres un bo prezo o mais seguro que vaias ter que coller unha habitación nas aforas.

Un aspecto importante á hora de buscar unha habitación  é fixarse nas características, hai habitacións que poñen unha estancia mínima, outros teñen un tipo de normas específicas, tamén hai algúns nos que solo permiten mulleres e o mais importante de todo é fixarse en como é a habitación. Hai habitacións que teñen 2, 3, 4, 5, 6 ou incluso 16 camas na mesma habitación. Soen ter precios económicos pero a trampa está en que ti pagas unha cama, e podes estar vivindo na mesma habitación con 1 francés e 2 rumanos sen ti ter constancia (por exemplo). Aparte as túas pertenencias residen nun armario pequeno no cal normalmente é difícil por moitas cousas. Nestes casos as fotos que aparecen no anuncio enganan, xa que poñen todas as que ten o aloxamento, non só as da habitación que vas a alquilar, así que é importante leerse ben toda a descrición.

Algunhas páxinas para a busca de habitacións son (cobran polas xestións):

Apartamentos
Algunas empresas para a busca de apartamentos son:
Residencias para estudantes
Outras páxinas recomendables son:

Transporte

Existen diferentes posibilidades para moverse por Lisboa:

  • Metro (Metro Lisboa): é o transporte máis rápido de Lisboa. O tempo de espera é baixo: habitualmente sobre 5 minutos (menos pola noite que é sobre 6-8 minutos) e é o medio de transporte que circula con más frecuencia na cidade. Un viaxe normal ten un custo de 1,35€, podes adquirir unha tarxeta para acceder nas máquinas que se localizan na entrada. A tarxeta ten un custo de 2€ e inclue un viaxe, esa tarxeta posteriormente podela recargar con diñeiro e despois cada viaxe que fagas descontante o prezo dun viaxe normal. Se fas un transbordo a outra liña de metro é gratuito. Na súa web oficial podes ver o mapa completo das paradas.
  • Autobus e tranvía (CARRIS): emprégase normalmente cando o destino está lonxe dunha parada de metro ou tren. Os horarios pódense consultar na súa web.
  • Barco (TTSL): utilízase para atravesar a beira sur de Lisboa ata a beira norte, onde normalmente se atopan os traballos. Pasan cada 20-30 minutos e están dispoñibles durante case todo o día
  • Tren (Comboios de Portugal): é o medio de transporte máis empregado polas persoas que non viven no centro de Lisboa. Pasan cada 20-30 minutos
Se te vas a desprazar con frecuencia ou a túa estadía ten unha duración maior a 1 mes, tes a posibilidade de comprar unha tarxeta que ten un custo duns 12€ e coa cal podes comprar un bono mensual, que ten un custo de 40€/mes, co cal podes usar calquer tipo de transporte publico da zona de Lisboa (centro e aforas).

Información sobre a cidade

Lisboa, coñecida como a cidade das "7 colinas", é unha cidade con encanto e cosmopolita.

Lisboa é coñecida por ter lugares moi emblemáticos como a Baixa, característica polas súas rúas estreitas e pararelas. É o mellor lugar para comprar porque as tendas están préto das outras e é fácil atopar o que se busca. Baixa atópase ao lado do río e é o mellor lugar para as persoas que lles gusta ver o río ou son amantes da fotografía de paisaxes.

Belém ten varias paisaxes interesante e con moitos pescadores. Para aquelas persoas que lles gusta ver e descubrir as paisaxes de Lisboa é un dos mellores lugares para visitar.

Hai moitas actividades durante todo o ano para promover o turismo na cidade. Por exemplo, Clássicos na Rua, onde a Orquestra Metropolitana de Lisboa propón un repertorio variado no cal os sons interpredaos van dende Irlanda a Brasil. Cinco concertos que ofrecen un conxunto de ritmos onde a percusión é o instrumento central, mesturándose nalgúns casos coa electrónica e dando a coñecer un lado máis contemporáneo e minimalista.

Os días festivos en Lisboa desde marzo a xuño son:

  • 25 de abril: revolução de 1974.
  • 1 de maio: o día do traballador.
  • 26 de maio: Corpo de Deus.
  • 10 de xuño: día de Portugal.
  • 13 de xuño: feriado de Lisboa (Santo António).

Lugares para visitar 

Son varios os lugares que podemos visitar en Lisboa, cada un coa súa beleza particular. Os lugares máis interesantes para visitar son:

  • O Jardim Zoológico: este lugar é onde podemos encontrar os máis diversos tipos de animais. O coste da entrada é de 17.50€. É accesible: podemos chegar en autobus ou metro (liña azul, parada de Jardim Zoológico).
  • O Oceanário: outro lugar onde podemos atopar animais, pero neste caso acuáticos. O coste da entrada é de 13€. Tamén é de fácil acceso: podemos chegar en autobus (nº 720 e nº 728) ou no metro (liña vermella, parada Cabo Ruivo).
  • O elevador Santa Justa: é un lugar magnífico para apreciar a beleza da paisaxe de Lisboa. É de fácil acceso: podes achegarte en bus (nº 736 e nº760) ou en metro (liña verde/azul, parada Baixa/Chiado).
  • A Expo: é un gran lugar para pasear pola beira do río Tajo. É de fácil acceso xa que se pode chegar en bus (nº 736) ou metro (liña vermella, parada Oriente).
  • Jardim Botánico de Lisboa: é un xardín científico que foi deseñado a mediados do século XIX para complementar a ensinanza e a investigación modenaen botánica na Escola Politécnica.
  • Palacio das Necessidades: é un antigo convento ubicado na parroquia de Estrela. Ten un xardín moi agradable para pasear.
  • Labirinto Lisboa: é unha atracción de terror. Está aberta cinco días á semana. Ubicada no centro da cidade, ao lado do Cais do Sodré e o Mercado da Ribeira.
  • Scapers: é unha atracción onde o obxectivo é saír dunha habitación resolvendo acertixos empregando o inxenio. Unha porta péchase e recibes unha misión durante 60 minutos para escapar. Atópase en Marquês de Pombal e só se pode ir con reserva previa.
  • Bairro Alto: lugar onde se concentra toda a festa en Lisboa. Hai moitos bares e pubs.
  • Castelo de São Jorge.
  • Praça do Comércio.
  • Mirador dos Restauradores.
  • Benfica.

Con todos este lugares magníficos, xa podes dar uns bos paseos por Lisboa. Se te queres alonxar da cidade, podes visitar estes lugares:

  • Sintra: ten moitos lugares para visitar. Por exemplo: A Quinta da Regaleira ou o Palácio da Pena. A entrada o palacio é moi cara. Vale máis a pena ir a pé e ver só a zona, a cal é moi bonita.
  • Cascais: ten unha praia moi bela e un lugar chamado Boca do Inferno, un acantilado que ten excelentes vistas cara o Atlántico.
  • Cristo Rei: ten unha das mellores vistas de toda Lisboa.
  • Praia de Troia: 300 quilómetros de praia de augas cristalinas e na cal non hai ninguén.
  • Costa da Caparica: está en Almada e é moi coñecida polas súas praias, como a Nova Praia ou a Praia de São João.
  • Setúbal: encóntrase por debaixo da parte sur de Lisboa, é un pobo pequeno cheo de praias moi bonitas onde podes facer actividades en kayak por un bo prezo.
  • Cascais: encóntrase na punta oeste de Lisboa. é un pobo con unha gran beleza costeira.

Cultura

Visitas recomendadas:

  • Castelo de São Jorge.
  • Lisbon Story Center.
  • Fundação Gulbenkian.
  • Almada.
  • Benfica.
  • Jerónimos.
  • Belém.
  • Chiado.
  • Sintra. 

Comercio

Como toda gran cidade cosmopolita e moderna, dispón de multitude de tendas e moi variadas: desde grandes centros comerciais como os de Vasco da Gama ou o do Centro Colombo ata pequenas tendas típicas como tendas de artesanía, tendas de sombreiros, tendas de arte portugués, tendas de conservas tradicionais, etc.

O visitante desta gran cidade non lle vai a faltar de nada e deixarase seducir pola súa grande oferta e variedade.

Un dos mellores sitios para comprar antigüidades típicas portugesas é na zona antiga de Lisboa como a Baixa do Chiado.

En Lisboa podemos atopar diversos centros comerciais como o Centro Comercial Colombo (CCC), un lugar magnífico para visitar se che gusta ir de compras. É o centro comercial máis grande de Lisboa e é de fácil acceso, pois hai varias liñas de autobuses que pasan por alí e metro (liña azul, parada Colégio militar/Luz). Enfrentre á salida encóntrase o estadio do Benfica

Vasco da Gama é un centro comercial que está na Expo, ao pé do río Tejo. É moi bonito e agradable. Este tamén é de fácil acceso pois ten acceso en tren (parada Oriente), bus ou metro (liña vermella, parada Oriente). 

Armazens do Chiado encóntrase na parte Baixa de Lisboa e é un centro pouco espazoso e nalgunhas ocasións hai moita xente e é moi difícil moverse.

Dolce Vita Tejo é un dos centros comerciais máis espazosos e calmos. Atópase na Amadora. Ten moitas tendas e é de difícil acceso xa que non hai moitas liñas de bus que cheguen a el.

Feira da Ladra é unha feira popular de obxectos usados. Con raíces que se remontan ao século XIII, esta feira foi dun sitio a outro ata que se asentou no Campo de Santa Clara, na parroquia de São Vicente de Fora. Destinada principalmente á venta de artigos antigos, obxectos de segunda man e artesanía. Esta feira faise semanalmente os martes e sábados desde a mañá ata a tarde.

Feira do Relógio é unha feira popular onde os produtos máis común son os alimentarios. Se andas en busca de froitea fresca, comprar roupa ou calquera outra cousa para a cara, nesta feira pódela atopar. Realízase en dous lados, polo que é bo empezar por un e volver por outro. Atópase a uns 500 metros da saída de metro de Bela Vista e ten unha lonxitude de 2 quilómetros. Esta feira pode ser visitada todos os domingos de 7h a 14h.

 Agora non é preciso comprar teléfono portugués porque xa se eliminou o roaming en Europa, aínda que débense consultar as condicións coa compañía.

En canto á telefonía móbil, de estar interesado, hai tarxetas SIM pregapo nas seguintes compañías:

  • WTF: está moi ben de prezo e dan bo servizo.
  • Moche: adoita ofertar tarifas baratas para estudantes menores de 25. Se es estranxeiro é complicado obter unha tarifa dese tipo.
  • MEO
  • NOS

Gastronomía

Recomendamos aos futuros estudantes que visiten Lisboa, que non dubiden en disfrutar da súa gastronomía. Sorprende gratamente o ben que se come e a prezos asequibles. Aconsellamos visitar os restaurantes O Chiado e O Principe do Calhariz, próximos á zona Baixa-Chiado. 


Ocio

Algúns lugares para o ocio son:

  • Hard Rock Lisboa: para os amantes do Rock, sen dúbida é o mellor lugar para xantar ou tomar cócteles mentres escoitas a túa música favorita.
  • Starbucks: para quen non o coñece, Starbucks é unha especie de cafetería onde se serven os cafés de múltiples formas. Sen dúbida, é unha experiencia a probar algunha vez.
  • Fado: no barrio da Alfama e no Chiado hai locais moi bos e caros.
  • 1UP Gaming Lounge: se che gustan os videoxogos este é o teu lugar. É o primeiro bar temático de videoxogos en Portugal. Aquí podes comprar e vender os teus xogos e adquirir merchandising aos mellores prezos, como tamén xogar, socializar e crear novas amizades con verdadeiros gamers.
  • Pinkstreet: ambiente multicultural con varios locais, entre eles o Erasmus Bar.

En canto ao ocio nocturno, unha das áreas de vida nocturna é o Bairro Alto, lugar onde comeza a noite en Lisboa. Ten moitos restaurantes e bares para cear e tomar algo despois. Hai moitos estudantes de Erasmus nesta zona.

Os bares pechan arredor das 3 da mañá e a xente vai para o Cais do Sodré, unha zona de moitos pubs e discotecas, as cales abren ata as 4. Despois, no caso de querer continuar coa noite, pódese optar por ir a unha discoteca grande como Lux ou Kapital. As entradas poden valer arredor dos 15€. 


Deporte 

Existen moito ximnasios na cidade. Normalmente son caros aínda que se ofertan descontos a Erasmus. A tarifa mensual media é de aproximadamente 40 euros. Podes ver un exemplo no Ginásio Clube Português.

Hai moitos afeccionados ao fútbol. Os dous equipos máis importante son Sport Lisboa Benfica e Sporting de Lisboa.


Consellos útiles

Pendente.


Experiencias dos estudantes na cidade e nas empresas