Viaxar desde Compostela
Existen diferentes rutas para poder chegar a cidade de Olsztyn, pero sempre teras que facer escala unha vez, dado que non hay voos directos dende Santiago ata Polonia. No meu caso escollin viaxar dende Santiago a Madrid, e ali esperar unhas 4h para coller un voo a capital Varsovia. Dende ali teras que coller un tren cercano ao aeroporto ou tamen existen buses que che achegaran a Olsztyn.
Aloxamento
Un bo xeito é un piso alquilado. Aquí os prezos non son desorbitados. Como formas de encontrar aloxamento rápido, recoméndase facer uso de Airbnb ata que atopes outra forma de aloxamento.
Transporte
O avión é o máis facil para chegar a Polonia, unha vez na cidade, existen moitísimas formas de moverse, unha gran cantidade de buses e tranvías cruzan a cidade para chegar a calquera punto.
Información sobre a cidade
Olsztyn conta con unha poboacion de 170 mil persoas, e unha rexión chea de bosques e lagos, 16 concretamente, os que están moi ben habilitados para chegar e facer cousas interesantes como cear nun restaurante, alquilar diferentes vehiculos maritimos e outro tipo de ocio.
No centro da cidade podemos encontrar o castelo onde estivo vivindo o astronomo Kopernik e podemos ver un bonito museo das súas investigacións sobre o heliocentrismo.
A cidade conta con varios centros comerciais onde podemos encontrar todo o que nos faga falta.
Lugares para visitar
Como xa se indicou no punto anterior temos o castelo no centro da cidade e unha chea de lagos onde facer deporte e ter outro tipo de ocio. Se nos queremos aventurar un pouco máis, non moi lonxe temos os bunkers onde estivo aloxandose Hitler e o seu exercito na segunda guerra mundial, este sitio chamase “Wilczy Szaniec”. Tamén podemos visitar preciosas cidades cercanas como Torun, cidade de nacemento de Kopernik, ou Gdansk, unha antiga cidade costeira do Báltico con moito movemento.
Por ultimo recomendar a visita ao castelo de Malbork. É considerado o castelo máis grande do mundo pola revista National Geographic.
Cultura
Polonia ten unha cultura variada polas multiples invasións que sufriu. Temos cidades alemanas e outras rusas con unha arquitectura completamente diferente. No plano persoal, ainda me falta por ver moito máis para empapar das suas costumes e tradicións. Polo pronto podo adelantar que aquí bébese cervexa quente para aguantar o frio.
Comercio
O comercio e coma en todos os lugares do mundo, as empresas multinacionais están en todos os rincóns, sobre todo dos centros comerciais. A única cousa diferente podería ser a diferencia de prezos que existe en comparación con España, custos das facturas e prezos da alimentación. Todo tendo en conta que 2 pln son uns 0.5 euros. Por exemplo unha entrada do cine custa 12.99pln, ao cambio serian uns 3 euros.
Gastronomía
A gastronomia polaca pode resaltar polo seu uso das verduras. Antigamente foi un pais pobre e as familias tiveron que abusar destes alimentos para sobrevivir, por iso hoxe en día a xente come moitisimas e poderiamos decir que non abunda a comida frita. Algúns platos destacables poderían ser os Pierogis, son como unha especia de empanadilla pero que pode facerse de moitas variedades, incluso dulces!
Ocio
No meu caso particular gustame moito os escape rooms, e nesta cidade puiden facer un monton deles, temos cine, teatros, concertos de cando en vez no anfiteatro do centro…
Tamen podes buscar ocio no exterior dando largos paseos na bicicleta polos grandes bosques ou simplemente caminar ate algun lago cercano.
Deporte
Existen un monton de clubes de MMA, e ximnasios. Os deportes de contacto en Polonia son os máis populares, pero por suposto existen clubes de futbol, cada vez máis, e campos que poden ser alquilados.
Grazas aos lagos tamen temos deportes acuáticos como o windsurf ou cayaks polos ríos.
Consellos útiles
Saber inglés é un imprescindible dado que a xente de aquí non vai saber castelán nin outro idioma que non sexa o polaco ou o ruso. Tamén recomendar ropa que abrigue no caso de vir na temporada de outono e inverno. Algunha vez vivín a sensación de estar a -16 graos.
Todo o demais creo que e cousa de cada un, vir e experimentar un novo país super interesante!
Experiencias dos estudantes na cidade e nas empresas
- Estudante Alex García
Comentarios
Publicar un comentario