1.- Documentación necesaria
A documentación necesaria para vivir en Irlanda é a seguinte:
- Documento de identidade: DNI ou pasaporte. O pasaporte non é obrigatorio, pero si moi recomendable.
- Tarxeta Sanitaria Europea.
A documentación opcional sería:
- Tarxeta de débito/crédito: para poder retirar cartos e pagar nas tendas sen comisión. Tamén para alquilar coche. Está ben levar polo menos dúas e gardalas en sitios diferentes. Consultade no banco se é preciso modificar os permisos de uso da tarxeta para que sexa válida no estranxeiro. Na primavera de 2022 a tarxeta de crédito de ABanca xoven non cobraban comisións de retirada de efectivo.
- Carta verde do seguro do coche: no caso de levalo.
- Carné de estudante: ofrece descontos en transporte, lugares e visitas a museos.
- Seguro privado de viaxe, con cobertura de accidentes e responsabilidade civil.
2.- Sistema sanitario
Antes de viaxar a Irlanda, é aconsellable ter algún documento para ter acceso ao sistema sanitario. Para iso, hai dúas opcións:
- Solicitar un papel da Seguridade Social española para ter asistencia sanitaria no estranxeiro durante tres meses.
- Solicitar a Tarxeta Sanitaria Europea, a cal ten unha validez de dous anos.
É importante que, cando solicites, o papel ou a tarxeta digas que vas de vacacións, porque se comentas que vas de Erasmus+ poñen problemas: piden levar o convenio e terías que ir en vésperas da viaxe. En calquera dos casos, fai o proceso con antelación.
En Irlanda as prestacións médicas son de pago. Practicamente toda a xente ten seguros privados xa que a cobertura pública é deficiente.
Nota de Bruno: «Pódese ir a urxencias. Eu nunca funa, pero tamén hai médicos de familia aos que podes ir e eles poden receitar o que necesites, ou derivarte a un hospital ou a facer análises. Cando fun eu, creo que foron 50-60€ pola consulta e despois os medicamentos, que non son baratos, pero tiña a tarxeta europea e non me cobraron nada na consulta, pero si a medicación.».
Nota de Alexandra: «Tes que ver primeiro a un "GP", que é o médico de cabeceira. No caso de ter que ir ao hospital, tes que ir primeiro ao GP e que te derive porque senón tes que pagar unha factura duns 100€. Eu fun a Grafton Medican Practice: aceptáronme a Sanitaria sen pagar consulta e tratáronme moi ben. Só tiven que pagar 2.50€ dos antibióticos na farmacia.».
3.- Viaxar desde Compostela
En avión, con Aerlingus. Hai moi bos prezos desde Alicante con Ryanair ou Aerlingus.
Tamén hai voos de Ryanair de Santiago a Dublín.
Unha opción son os voos desde Oporto. Hai flixbus desde Santiago que te leva directamente ao aeroporto, aínda que tarda bastante tempo. flixbus.es
4.- Emprego
Sitios web con información moi interesante para traballar no estranxeiro: Procura de empresas.
Tamén se pode acceder aos seguintes portais web: