Portugal

1.- Documentación necesaria

A documentación necesaria para vivir en Portugal é a seguinte:

  • Documento de identidade (cartão de cidadão): DNI ou pasaporte.

  • Tarxeta Sanitaria Europea (cartão sanitário europeu).

A documentación opcional sería:

  • Certificado de residencia (certificado de morada): para poder rexistrarse no centro de saúde.

  • Tarxeta de débito/crédito: para poder retirar cartos e pagar nas tendas sen comisión.

  • Carta verde do seguro do coche: no caso de levalo.

  • Carné xove (cartão jovem): ofrece descontos en transporte, lugares e visitas a museos.

Calquera cidadán que desexe ingresar en territorio portugués debe ter un documento de identificación (BI/CC, DNI, pasaporte) e unha visa se ven de países sen acordo con Portugal, ou fora do espazo Schengen. As visas poden ser para estancias cortas, estancias temporais ou para obter un permiso de residencia.

Se se quere viaxar a Portugal con mascotas é necesario o pasaporte PET da UE, un boleto sanitario actualizado e o libro de vacinación do animal.

 

2.- Sistema sanitario e seguros

A Tarxeta Sanitaria Europea asegura a prestación de coidados de saúde no territorio europeo cando o beneficiario ou beneficiaria se aloxan temporalmente nun país da UE, do Espazo económico Europeo ou Suiza. No caso de ter unha emerxencia, pódese ir a un hospital público con esta tarxeta. É posible ter que abonar un copago de 20€.

Se se precisa dunha consulta será necesario inscribirse previamente no centro de saúde. Para iso é necesario un certificado (certificado de morada) no cal conste cal é a residencia en Portugal. A asistencia no centro de saúde coa TSE tamén pode acarretar un copago, por exemplo: a consulta 5€ e a radiografía ou ecografía 3€.

En relación aos medicamentos, o mellor é levalos de casa porque nas farmacias portuguesas non coinciden as marcas.

Os participantes tamén teñen un seguro privado (xeralmente de Axa ou Mapfre) con varias coberturas, por exemplo:

  • Sanitaria: para acceder a calquera prestación urxente, tamén en hospitais privados.
  • Responsabilidade civil: por exemplo, para devolver o valor dun computador estragado no lugar de traballo.
  • Viaxe.
  • Repatriación de cadáver.

Para facer uso do seguro privado é preciso telefonar directamente ao número facilitado pola compañía e seguir as súas instrucións. 


3.- Viaxar desde Compostela

Para viaxar dende Santiago a Lisboa, existen varias opcións:
  • ALSA ten autobuses con destino Lisboa sen necesidade de facer transbordo. Esta liña ten paradas en Braga e no Porto. Este autobús tamén pasa pola Coruña e Vigo.
  • FlixBus ofrece viaxes directos moi baratos. Santiago-Lisboa con duración 7 horas moi baratos, son viaxes que inclúen varios autobuses pero normalmente son puntuais.
  • Tamén é posible viaxar a Viana do Castelo, Porto e Lisboa en tren, facendo transbordo en Vigo, pero córrese o risco de perder os enlaces.
  • Para viaxar a Covilhã recoméndase o coche particular, aínda que tamén é posible chegar combinando tren e autobús. 

4.- Emprego 

Para traballar en Portugal é preciso obter o NIF, tamén chamado "Número de Contribuinte" ou simplemente "Contribuinte". O trámite ten un pequeno custo e faise na Unidade das Finanças ou na Loja do Cidadão. Tamén é preciso ter NIF português para poder abrir unha conta corrente.

Websites recomendados para a procura de emprego:

 

5.- Guías dos destinos principais